Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación inicia a renovación do firme da estrada de Feira do Monte a Castro

A institución provincial inviste preto de 150.000€ nos traballos, que afectan a tres treitos da LU-P-1706. Unha vez acometida a limpeza de cunetas e drenaxe, esta semana paviméntase a calzada para rematar coa sinalización horizontal

Lugo, 19 de setembro de 2023. A Deputación de Lugo iniciou este martes as obras para a renovación do firme da estrada LU-P-1706, que une Feira do Monte, en Cospeito, e Castro Riberas de Lea, cun investimento de 150.000€.

Os traballos, iniciados en agosto, afectan a tres treitos diferentes: do punto quilométrico 2,450 ao 2,750; do 5,200 ao 6,500; e do 7,300 ao 8,600-. Unha vez acometida a limpeza de cunetas e drenaxe, esta semana lévase a cabo a pavimentación da calzada para rematar coa sinalización horizontal mediante o pintado de marcas reflexivas brancas.

A empresa adxudicataria é Ovisa Pavimentos y Obras SLU e o prazo de execución é de dous meses.

Esta vía, a LU-P-1706, é moi importante para a veciñanza de Castro de Rei e de Cospeito, pero tamén da comarca, porque se trata da comunicación máis directa entre ambos concellos, e ademais dá servizo a explotacións gandeiras. Estes traballos mellorarán as condicións de seguridade e comodidade para os usuarios e usuarias da vía e evitará un maior gasto de conservación grazas a este novo pavimento.

A Deputación de Lugo dedica este ano 18,3M€ á mellora das estradas provinciais, un orzamento que aumentou nun 30% dende o 2019, cando se destinaban 14,2M€. Na comarca da Chaira, o investimento nas estradas da provincia durante estes anos superou os 6,32M€.

Exit mobile version