Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fonsagrada celebra a súa tradicional Feira de Gando Vacún co apoio da Deputación

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, asistiu este sábado á XLVII Feira de Gando Vacún da Fonsagrada xunto ao Alcalde da localidade e tamén Deputado provincial de Medio Ambiente, Carlos López López. Esta cita, enmarcada nos actos das festas patronais, incluíu a poxa de dúas xovencas de raza Rubia Galega da Granxa Gayoso Castro, que tiveron un prezo medio de 2.000€. Na xornada participaron gandeiros de Galicia e Asturias das razas rubia galega e asturiana de los montes e contou cunha degustación da raza rubia galega e música en directo.

Exit mobile version