Site icon Crónica3.com A Mariña

“A Iguadade non ten idade” a cargo de Luis Vallecillo, este sábado en Burela

Burela, 29 de setembro, 2023. O vindeiro sábado, 30 de setembro, ás 18: 00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela, e dentro do Programa de ‘Ler conta moito’ que ten por obxectivo xeral animar á lectura a través dunha programación de actividades atractivas e co que se pretende fortalecer o papel das Bibliotecas como espazo de relación , aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente; promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo; volorar o libro e fomentar a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión, a Delegación Municipal de Cultura a través da Biblioteca Municipal de Burela achega o espectáculo “A Igualdade non ten idade” a cargo do compositor, músico, titiriteiro, escritor dramaturgo e poeta, Luis Vallecillo. Un artista multidisciplinar, así como Técnico Superior en Animación Sociocultural.

No espectáculo, nun futuro non moi lonxano, Luis ten a oportunidade de contar cómo as rapazas e rapaces do seu tempo, foron capaces de cambiar o mundo axudando ás persoas maiores a comprender o que verdadeiramente era a igualdade. Un espectáculo no cal descubriremos a “Canción” que permitiu converter todas as inxustizas en oportunidades, cambiando a sociedade. Un mundo no que se respeta a todas as persoas, diversas na súa esencia, pero iguais nos seus dereitos . Nun espectáculo con música, xogos e dinámicas divertidas descubriremos que a igualdade non ten idade.

A entrada será de balde nun espectáculo orientado para público familiar.

Exit mobile version