Site icon Crónica3.com A Mariña

A veciña máis lonxeva de Alfoz cumpre 102 anos

O 12 de setembro de 1921 nacía Fuensanta Balseiro Martínez e continúa a celebrar o seu aniversario, 102 anos despois. Esta muller é así a veciña máis lonxeva de Alfoz, que non só acadou esta idade tan pouco habitual, senón que o fai cun bo estado de saúde. Con motivo desta celebración, achegáronse ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda, e o concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, como representantes do Concello para agasallala cunha cesta de diferentes produtos e unha das plantas que máis lle gustan. Dende o Concello de Alfoz, desexáronlle un moi feliz aniversario.

Exit mobile version