Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Galicia colabora coa Festa das San Lucas de Mondoñedo, que se celebra do 17 ao 22 de outubro

O xefe territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, Javier Vázquez Nodal, asistiu hoxe á presentación do programa, no que destaca a gran feira tradicional de gando cabalar, así como os espectáculos, concursos e exhibicións repartidos durante as diferentes xornadas. O Goberno galego apoia esta cita con axudas da Consellería do Medio Rural e de Turismo de Galicia, estas últimas a través da convocatoria de achegas para sufragar os gastos derivados da organización das Festas de Interese Turístico.

Exit mobile version