Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta inviste 100.000€ na dotación dun novo dique flotante no porto do Barqueiro

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2023. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, adxudicou as obras de construción dun novo dique flotante para a mellora do abrigo do porto do Barqueiro, no municipio de Mañón. Esta actuación supón un investimento de 100.000 euros por parte da Administración pública e ten como fin dotar dun novo dique de abrigo ao porto do Barqueiro, despois da rotura do que existía ata o momento como consecuencia dos últimos temporais.

A diferencia do anterior, o novo dique estará dotado dun sistema de ancoraxe mediante pilotes. Neste sentido, os traballos consistirán na instalación dun módulo de dique flotante de formigón armado, de 16 metros de longo por catro de ancho e 1,8 de alto. Ademais colocarase unha pasarela dispoñible xa nos almacéns de material de Portos de Galicia. Unha vez se inicien as obras, o prazo de execución estimado será de catro meses.

Exit mobile version