Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo celebrará esta fin de semana a festa na honra da Virxe das Dolores

O sábado 23 haberá sesión vermú a cargo de Charanga Europa que repetirá á noite na verbena e a continuación estará a disco móbil Conxuro, ademais ese mesmo día ás 18:00 horas haberá un masterchef infantil

Cervo, 21 de setembro de 2023. A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a vindeira fin de semana.

A primeira tenente de alcaldesa, Mali Méndez , a edil de Asuntos sociais, Pilar Armada, e os membros da Comisión de Festas, Juan José Pardo e Federico Lage Casas, presentaron o evento no Concello de Cervo.

A cita comezará o sábado 23 coa sesión vermú a cargo de Charanga Europa, que repetirá na verbena pola noite seguida da Disco Móbil Conxuro. Este mesmo día ás 18:00 horas haberá un Masterchef infantil a cargo da asociación Airiños do Xunco, que terá lugar na praza do Souto.

Xa o domingo 24 haberá misa solemne ás 13:00 horas e procesión acompañada polo grupo local Fol do Raxal, seguida da sesión vermú prolongada que protagonizará a Disco Móbil Conxuro.

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Cervo.

Exit mobile version