Site icon Crónica3.com A Mariña

Coa chegada do verán arrincaba unha nova edición do Mercado dos Domingos de Ribadeo. Un mercado de calidade onde os produtores achegan os seus produtos de proximidade directamente ao consumidor final

Conta con 14 postos e cunha oferta moi diversificada de produtos, todos procedentes da zona e onde reinan os produtos da horta pero onde tamén se poden atipar pan, queixo, embutidos, zumes, ostras, doces ou cervezas artesás. Este mercado alongarase ata o 15 de outubro e dende o Concello hai preparada unha Axendiña con diferentes actividades para dinamizar e por en valor os produtos da zona. Desde o Concello de Ribadeo “animamos a acudir á cita de cada domingo e a consumir produtos de gran calidade”. Este 17 de setembro estuvo dedicado ao produto local. Houbo música e o sorteo dunha cesta de produtos de proximidade entre aquelas persoas que fixeron as súas compras no Mercado dos Domingos de hoxe.

Exit mobile version