Site icon Crónica3.com A Mariña

Encontro literario na Libraría bahía de Foz

Foz, 16 de setembro, 2023. O xoves día 21 de setembro ás 20:30h a libraría Bahía acolle un encontro coa escritora vasca Edurne Portela e o autor galego Xosé Monteagudo.

Este encontro enmárcase no programa Afinidades Electivas, promovido e financiado polo Ministerio de Cultura.

Edurne Portela doctorouse en nos EUA donde exerceu tamén como docente e investigadora. Vive en España dende o ano 2016 donde publica e tamén colabora en prensa e radio. A súa obra, de grande calidade literaria e ao mesmo tempo capaz de chegar ao gran público, constitúe unha indagación nas distintas formas de violencia, os relatos que construímos sobre a mesma e as feridas que deixan no plano individual e social.

Publicou o ensaio El eco de los disparos sobre ETA e a violencia no País Vasco que vai pola terceira edición e as novelas Mejor la ausencia, Los ojos cerrados e Formas de estar lejos  que recibiron varios premios literarios. A  última que saleu á luz este mesmo ano é, Maddie y las fronteras.

Xosé Monteagudo comezou a publicar no ano 2002 no que gañou o premio García Barros coa novela As voces da noticia. Dende entón a súa escrita percorreu distintas temáticas, desde a que está máis preto do xénero negro como Un tipo listo, ata a que rescata a memoria persoal ESTA HISTORIA ou a historia colectiva que aparece en Todo canto fomos e una súa última novela  Vémonos mañá.  Ademáis imparte obradoiros de escrita e exerce a crítica literaria na revista Grial.

Trátase por tanto dun encontro entre dúas persoas de  máximo nivel no mundo da literatura que nos enorgullece poder organizar e que esperamos teña moi boa acollida de público.

Exit mobile version