Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo celébrase ‘Viveiro en Marcha Contra o Cancro’

Viveiro, 6 de setembro, 2023. Viveiro en Marcha Contra o Cancro celébrase este domingo, 10 de setembro, ás 10:00h con saída dende Fonte de Covas ata Celeiro (5km). Esta actividade lúdico – deportiva, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo estará aberta a todas as idades. O obxetivo é concienciar sobre a importancia dun estilo de vida saudable para previr o cancro, basado nunha alimentación adecuada e na actividade física. As inscricións para participar na andaina pódense facer de forma online nesta páxina https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/viveiro-en-marcha-contra-o-cancro-2023-2023 e presencialmente na Estación de Servicio de Celeiro, Encantos Moda Íntima – Mercería Silva, Farmacia Casariego Baamonde, Cobelinha, Farmacia Ortopedia Dolores Casariego, Tejiendo sueños e Don Balón.Colaboran: Asociación Beiras de Viveiro, Distribuciones Carreiras, Frutas José, Hostelería de Covas, Mimos (Coffe & Brunch) e Puerto de Celeiro.

O prezo da inscrición con dereito a camiseta será de cinco euros para menores e sete euros para adultos. Os interesados/as en apuntarse o mesmo día da andaina, o propio domingo, pagarán o mesmo prezo con dereito a camiseta, ata fin de existencias. Para a xente que se inscribiu de forma online, poderán recoller a sua camiseta o propio día da andaina no punto de saída, Fonte de Covas a partir das 9:00h. Ao finalizar a andaina obsequiarase aos asistentes con un tentempé. Se non podes participar podes colaborar cun donativo, como inscrición solidaria, para a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo. Todo o que se recade destinarase a seguir mellorando a vida dos pacientes con cancro e as súas familias, e a impulsar a investigación oncolóxica, para conseguir un 70% de supervivencia no ano 2030.

Exit mobile version