Site icon Crónica3.com A Mariña

Falece un ciclista no Vicedo tras ser alcanzado por un vehículo

O Vicedo, 7 de setembro, 2023. Malia os esforzos, nada puido facerse por salvar a vida deste home, que circulaba coa súa bicicleta pola Avenida da Mariña canod foi alcanzado por un vehículo.

Ás 14:30 horas desta tarde, o 112 Galicia recibiu información sobre este sinistro a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiñan unha dotación en camiño para atender o ferido.

As primeiras informacións sobre esta situación apuntaban a un accidente grave, pois os membros da Garda Civil de Tráfico sabían que o ciclista apenas respiraba.

Así, todos os intentos foron fallidos, o señor faleceu pouco despois, tal e como confirmou o equipo médico, e todos os medios e recursos que colaboraron neste operativo.

Deste xeito, ademais dos axentes de seguridade e dos sanitarios, interviñeron os voluntarios de Protección Civil da localidade e os Bombeiros de Viveiro, que descartaron acudir porque a vítima estaba liberada e accesible.

Exit mobile version