Site icon Crónica3.com A Mariña

O parque de San Francisco de Ribadeo recibe melloras na zona de xogos infantís

Ribadeo, 28 de setembro de 2023. O Concello realiza tarefas de mellora no parque de San Francisco na zona de xogos infantís, segundo deu a coñecer o concelleiro de Obras, Diego Dos Santos.

O edil explicou que “procedemos a retirar a araña do parque de San Francisco, tan solicitada polos veciños. Tamén se aproveitará para realizar o arranxo dalgúns xogos, que así o demandaban, ao igual que oito alcorques, e a reposición de zonas de caucho”.

Diego Dos Santos contou que “as obras teñen un prazo de execución dun mes e pode ser que algún día o parque estea pechado completamente polos operarios, polo que pedimos disculpas polas molestias que se poidan ocasionar”.

Exit mobile version