Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz pide ao equipo de goberno que subministre auga embotellada aos centros educativos para minimizar o problema

Os populares explican que hai moitas queixas por parte de nais e pais ao ver que a situación non mellora, polo que consideran axeitado que o propio concello subministre auga embotellada ante a imposibilidade de usar a auga da traída

Foz, 8 de setembro de 2023. Foz e a súa veciñanza seguen inmersos no problema co abastecemento de auga potable, unha situación que está a perpetuarse no tempo sen que o equipo de goberno de Foz dea as respostas que os veciños piden nin as solucións que se requiren para volver á normalidade do servizo.

Ante esta situación, dende o PP de Foz instan ao goberno local a que, dado que estamos ás portas do inicio do curso escolar subministren a todos os centros educativos do municipio auga embotellada para evitar os trastornos derivados de non poder consumir a auga da rede municipal, xa que dende o propio Concello de Foz recomendan consumir auga embotellada.

“Ante as queixas de moitos pais e nais que ven que a situación no mellora, a pesar de que levamos xa moitas semanas así, pedimos ese subministro de auga a todos os centros educativos para minimizar os inconvenientes derivados desta situación”, explicou.

Exit mobile version