Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente de Apaga fai un balance positivo do XII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que rematou este venres en Ribadeo

Ribadeo, 1 de setembro de 2023. O presidente de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia), Álvaro Doural, fai un balance positivo do XII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que rematou este venres en Ribadeo. Destaca a alta participación, mais numerosa que nas outras edicións, e tamén a calidade das ponencias.

Doural subliñou que “o balance é moi positivo. Este ano participou máis xente que nos anteriores e ademais creo que o nivel das ponencias foi moi bo. Estamos satisfeitos do resultado das actividades, incluídas tamén as lúdicas que se fixeron onte, cando o día axudou moito”. O presidente de Apaga refírese ao paseo en barca entre Ribadeo e Ría de Abres do que gozaron os asistentes nas últimas horas e que rematou cunha merenda campestre.

Para o presidente de Apaga “a xente marcha cun bo sabor de boca pola formación que se deu e pola parte lúdica tamén”.

Os proxectos Erasmus centrarán a tarde de hoxe, onde o profesorado falará da súa mobilidade a Estonia e o alumnado da realizada a Italia.

De cara ao 2024 “a idea é continuar nesta liña e ir incorporando novos temas e actividades que poidan ser amplamente significativas para a docencia”, comentou Álvaro Doural, o presidente de Apaga.

Exit mobile version