Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Xove levan este luns ao primeiro pleno ordinario deste curso político os problemas da auga no termo municipal

Xove, 2 de setembro, 2023. De todos e coñecida a deficiencia tanto en cantidade como en calidade da auga potable en Xove, polo que propoño as seguintes consideracións a corporación para intentar resolver este problema.

Todos os veciños e veciñas de Xove cada vez que chega o inverno e por tanto a tempada de chuvias ven como nos grifos das súas casas a auga chega con unha turxidez excesiva e con abundantes restos de barro o que supón unha mais que dubidosa calidade para o consumo humano.

Isto se repite ano tras ano dende xa fai tempo, sin que o Goberno Local tomara accións para resolver o problema tal como define a ordenanza municipal.

“Garantir-la potabilidade da auga, con arreglo ás disposicións sanitarias vixentes, ata a chave do aboado, inicio da instalación interior do aboado ou aboados”.

Tamén se observa que cada ano en tempo de verán especialmente si hai escaseza de chuvia a reservas merman considerablemente chegando as restricións no consumo, e para mostra o bando da Alcaldía, o cal apoiamos pero temen nos esta a constatar que temos un problema nun servizo de primeira necesidade.

Entendemos que fai moitos anos que nada se fai para mellorar tanto as instalacións como os puntos de recollida e reservas de auga, o xa famoso embalse do Turrillón e unha promesa que nunca chega.

Tamén e de todos coñecido a limitación que temos nas reservas de auga para a posible implantación no noso concello de empresas que necesiten un determinado caudal de auga, exemplo Altri que se foi da Mariña por non haber garantías de abastecemento de auga, o que nos da o grado de compromiso e incapacidade política que as administracións tanto locais como autonómicas teñen co concello de Xove.

É por todo o exposto o Grupo Socialista de Xove propón que o Pleno Acorde:

1. Realizar un estudio por técnicos especializados para que emitan un informe sobre a actual situación e estado das instalación especialmente equipos de potabilización e posibles solucións.
2. Revisar todos os manantiais de auga que estén catalogados para asegurarse que se cumple a normativa medioambiental, asegurandonos de que non teñan arbores plantados a menos distancia da indicada pola lei.
3. Realizar estudio de situación de instalación e puntos de recollida e reserva de auga, co fin de aumentar e garantir o subministro en condicións adversas.
4. En base a eses informes, ver si temos un problema de deficiencia dos equipos ou algún problema no seu manexo ou mantemento, así como ver de mellorar os puntos de reserva de auga e tomar as accións necesarias para corrixir e garantir un servizo de auga potable en todos puntos do concello.
5. Dende o Goberno Local impulsar accións para mellorar e conservar a fontes en todas as parroquias e burgos e tamen informar a todos os residentes da importancia de facer un consumo responsable da auga. Aínda que no noso concello non se note habitualmente, a auga non é un ben infinito e hai que aprender a conservala.

ROGOS

1. En relación ó parque temático en construción, según o cartel publicitario o coste ronda os oitocentos mil euros.

Cal e coste final previsto?
Ten o goberno local solicitada ou prevista algunha axuda de outras administracións?
Considera o Goberno local esta obra como prioritaria para Xove, tendo en conta que temos servizos básicos totalmente deficientes, coma o tema da auga, saneamentos etc.?

2. Xestión da area de turismo.

Pódenos explicar alguén porqué os tres areais, Lago, Moras e Portocelo non tiveron servicio de socorrista, e que ten pensado facer o goberno municipal para que esto non se repita no vindeiro verán?
Quen foi o responsable de que esta ausencia non fora correxida ó longo do verán?
Consideran axeitado o estado das areas recreativas e accesos os areais?

3. Ten pensado o Sr. alcalde facer una adecuación das retribucións aprobadas no pleno, xa que o ser Deputado Provincial as condicións cambiaron?

4. Cal vai ser o uso dese gran centro de Billar instalado no edificio publico de palmeiro? Está pensado para uso e gozo de todos e todas as veciñas de Xove?
Cal foi o custo de esas instalación e canto e o cos te de funcionamento e mantemento de ese centro?

5. Cal e o programa da delegación de deportes , para o desenrolo do deporte de base no concello de Xove?

Exit mobile version