Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro interésade polos Camiños escolares seguros para o CEIP Lois Tobio

Viveiro, 30 de setembro, 2023. No mes de maio do ano 2022 a ANPA do CEIP Lois Tobio en colaboración con ANCAS (Asociación de Nenos e Nenas Camiñantes por un Ambiente Sostible e Seguro) presentou no Concello o proxecto para a implantación dunha serie de rutas de camiños escolares seguros para os alumnos e alumnas do devandito colexio, que realizarían o desprazamento ata o colexio en grupo. Proxecto que ten un doble obxetivo, por un lado tratase de fomentar habitos de vida saudabeis, fomentar a autonomía dos alumnos e alumnas, incremento do sentido de compromiso comunitario e de traballo en equipo, aspectos moi importantes nunha sociedade actual na que prima o individualismo. Por outro lado minimizase o uso do transporte particular por parte dos familiares do alumnado e que habitualmente saturan o trafico na contorna do colexio, nomeadamente nos días del mal tempo.

Na primavera de 2023, asinase o convenio entre o Concello e Ancas para a implantación das rutas de camiños escolares seguros para o CEIP Lois Tobio, seis meses despois e co curso xa comenzado, nada se ten feito.

Por todo o exposto, Por Viveiro roga ao equipo de Goberno a explicación en pleno de si a día de hoxe segue considerar positivo o convenio de Camiños escolares seguros para o CEIP Lois Tobio e de ser así que prazo marca para a súa implantación.

Exit mobile version