Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación no Valadouro da novela de Lionel Rexes “A montaña do poeta”

O Valadouro, 19 de setembro, 2023. O vindeiro venres 22 de setembro, a Delegación de Cultura do Concello do Valadouro ten a honra de presentar a última novela do escritor do val, Lionel Rexes; “A Montaña do Poeta” é o título da última obra deste creador que foi galardoada ademais co premio Lueiro Rey na edición do 2021, convocado polo Concello de O Grove. Este evento terá lugar no local social Concepción Arenal de Ferreira do Valadouro (antigo matadoiro) ás 20:00 horas.

Sinopse:
É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente contemporánea, unha trama que recrea o ocaso dun rural onde a mocidade loita por atopar oco e onde os anciáns, acompañados dos seus cans, matan o tempo morto legando a bagaxe da vida.

No medio desta existencia rutineira, un suceso con esencia ideolóxica sacode a dinámica do municipio.

Exit mobile version