Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentada a programación das festas de Xunqueira, que se celebrarán na vindeira fin de semana

As festas na honra de Nosa Señora de Valdeflores contarán con varios concertos, sorteos e actividades entre o 8 e o 10 de setembro

Viveiro, 1 de setembro de 2023. O Concello de Viveiro acolleu a presentación do programa das festas de Xunqueira en honra da Nosa Señora de Valdeflores, que terán lugar na fin de semana do venres día 8 ao domingo 10 de setembro.

Presentaron o evento María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, Jesús Fernández Fernández, segundo tenente de alcaldesa, e Jacobo Otero Rubal, membro da comisión de festas.

As celebracións terán lugar no campo da festa de Xunqueira, e contarán con numerosas actuacións musicais, actividades, e varios sorteos.

O venres día 8 e o sábado día 9 haberá verbena; o venres, con Verónica Cambón e a disco móbil Conxuro, e o sábado, co Trío Zafiro e o grupo Zona Zero. Ademais, haberá sesións vermú o sábado co grupo Zona Zero e o domingo do Dúo Estrellas.

Exit mobile version