Site icon Crónica3.com A Mariña

Recepción no Concello de Ribadeo a Antón Balsa Val, novo deportista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, de Pontevedra

Ribadeo, 25 de setembro, 2023. Con esta incorporación son dous os ribadenses que residirán este curso nesas instalacións, xa que Irene García Valle, segue un ano máis. O alcalde, Dani Vega, dixo que “todo o bo traballo da o seu froito e ten a súa recompensa”.

O rexedor aproveitou a ocasión para desexarlles sorte ás tres palistas ribadenses, que formarán parte da selección galega que acudirá ao Campionato de España por autonomías. A cita será en Verducido do 27 ao 29 de outubro. Trátase de Elena Justo Carballeira, Manuela Lastra Castillo e Elena Fernández Rico (as tres campioas de España).

Exit mobile version