Site icon Crónica3.com A Mariña

Reunión de ‘Educando en Familia’ en Cervo

Educando en Familia é un programa que ten como fin contribuír á formación das familias e así mesmo axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos/as a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento do contorno dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educativa familiar. Nesta reunión informativa explicaranse as actividades a realizar durante o curso, que irán dende actividades grupais con familias con nenos/as de 0 a 6 anos, sesións formativas para familias (sen nenos/as), e charlas-coloquios con avós e avoas, etc. A cita é este mércores 20, ás 17h na Casa da Cultura.

Exit mobile version