Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo lidera as pernoitas na Mariña e sitúase en segunda posición na provincia tras Lugo

Ribadeo, 26 de setembro de 2023. Ribadeo lidera as pernoitas na Mariña e sitúase en segunda posición na provincia tras a cidade de Lugo. O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo destes datos.

O rexedor subliñou que “Ribadeo está a facer unha boa xestión do turismo. Así nolo din as cifras. Ribadeo é líder dentro do conxunto da Mariña en pernoitas con 44.757. Iso acredita que somos o concello líder no conxunto da comarca e estamos na posición perfecta na provincia. Somos o concello despois da cidade de Lugo con máis pernoitas”.

Para Dani Vega “estamos nunha posición clara de liderazgo, xa que tamén somos o oitavo concello dentro do mapa galego. Estamos diante de datos moi importantes”.

O alcalde considera que “no turismo debemos seguir traballando correctamente, xestionando ben o recurso e en colaboración con todo o tecido económico e social de Ribadeo”.

E engadiu: “estamos diante dunha boa nova, unha boa cifra esas máis de 44.000 pernoitas, algo que nos fai líderes indiscutibles do turismo no conxunto da comarca da Mariña e póñennos nunha posición clara en Galicia”.

A estes datos aludiu Dani Vega esta mañá en La España Despoblada, o foro da Cadena Ser, que hoxe se realizou desde o Parador de Turismo de Ribadeo e no que se analizou o turismo sostible.

Exit mobile version