Site icon Crónica3.com A Mariña

“Un abuso de autoridade e atropelo do Concello de Foz”, por Moncho de Couto

No día de onte 14/09/2023 tivemos, vimos e presenciamos unha desafortunada actuación dos rexedores de Foz, Fran Cajoto e a sua alcaldesa accidental Inés López, que con gran prepotencia e malos modos faltos de sentido democrático e de educación, tiveron unha actuación propia dos anos sesenta, tómanse a xustiza pola man que impiden a uns lexitimos propietarios protexer a sua propiedade, ignoran os títulos de propiedade e incautase dunha parte do terreo, que non é municipal, por obra e gracia dos seus cargos políticos e da sua propia ignorancia.

Unha actuación de este tipo, despois de levar moitos meses sin contestar os escritos que se lles presentan demostra a incapacidade destas persoas para representar un pobo, demostra que non coñecen os camiños do concello e demostran que ou non queren ou non lle interesa defender a legalidade e o respecto as persoas.

Enviar con unha retroescavadora o persoal do concello de Foz disposto a “derribar” unha protección privada consistente en unhas pedras de pequeno tamaño cravadas na terra, sin autorización escrita, sin notificación previa os interesados, sin resposta os escritos presentados e soamente propio de alguén que defende o contido da lei do funil porque “yo lo ordeno y mando porque soi unha autoridade”. Miren si era importante o asunto que, sin permiso dos propietarios, os empregados do concello sacaron as pedras sin ningunha ferramenta, pero o derroche de medios mecánicos e personales deixa claro a capacidade de xestión destes personaxes.

Señores e señoras responsables do goberno de Foz están vostedes cometendo un atropelo, propio de tempos pasados, a mesma lei na que basean o seu proceder aplíquena os seus procederes no cumprimento do PXOM, non concedan “licencias” en áreas de protección integral catalogadas no propio PXOM e protexan un xacemento arqueolóxico como a mina romana da Espiñeira que para os seus ilustres coñecementos arqueoloxicos xa se falaba dela no ano 1835.

Defender o paso de camións por un camiño que vostedes teñen mal catalogado xa que Pozomouro non existe en Foz e según Catastro o camiño e clase RÚSTICO e de uso principal AGRARIO por iso os títulos de propiedade din “camiño de carro” e ademais deféndeno para uso de unha actividade que o propio PXOM impide no artigo 90 e que o propio Concello ten a obriga de protexer. Pois é todo o contrario o que defenden incumprindo as súas propias normas, por iso ou ten moitos ovos o ten intereses raros.

Pero para vostedes señores “Dirixentes” isto é unha actuación valente, fina e por suposto elegante que os leva a intervir incluso de vacacións e agachandose detrás dos traballadores municipais e autoridades de orden público, como si de delincuentes se tratara os veciños, pero eso sí, sin pisar o terreo e impoñendose pola forza, e por si eso fora pouco despreciando os veciños afectados como aval dos abusos por vostedes consentidos.

Denigrante señores Cajoto e López, sinto vergoña allea cada vez que vexo quen me representa e por quen estamos representados os veciños de Foz.

Exit mobile version