Site icon Crónica3.com A Mariña

Volta e Dálle organiza este sábado unha tarde adicada aos Xogos tradicionais e unha representación teatral

O Vicedo, 13 de setembro, 2023. A Asociación cultural Volta e Dálle, organiza para o vindeiro sábado, día 16 de setembro, unha tarde adicada aos Xogos tradicionais da mán do Colectivo XOTRAMU de Muimenta.

Á partir 16:30h quen queira poderá participar nos xogos tradicionais de mesa, aprender a andar, en zancos, ou botar unha carreira de sacos.

Os amigxs de XOTRAMU traerán unha gran variedade de xogos para todas as idades.

Xa ás 20:00h o grupo de teatro Ollomao de Barreiros representará obra de teatro “Pan con Chocolate”. Esta representación está incluída no Circuito Teatral que organiza a Área de Cultura da Deputacion de Lugo.

(Os xogos realizaranse na contorna do teatro, a non ser que a meteroloxía non o permita, nese caso serán dentro do Teatro.)

As dúas actividades son de balde e dirixidas a público familiar.

Exit mobile version