Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Cervo recibe a V de veciña exemplar

Cervo, 23 de outubro, 2023. A rexedora, Dolores García Caramés, recibiu a V de veciña exemplar durante a celebración da XXI edición do Día do Veciño que organiza a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo ‘Lucus Augusti’.

Uns premios que recoñecen o labor daquelas persoas que destacan polo seu compromiso coa dinamización dos nosos territorios e a súa colaboración co movemento veciñal.

A alcaldesa quixo amosar o seu agradecemento á Federación por pensar nela para este galardón tan especial que quixo compartir con todos os cervenses. Así mesmo, tamén trasladou os parabéns á organización por este encontro veciñal no que desfrutamos moito que cada ano reúne a milleiros de persoas e “que é toda unha homenaxe ao importante papel altruísta que desempeñan as asociacións de veciños en prol do desenvolvemento de cada recuncho da nosa provincia!”.

Exit mobile version