Site icon Crónica3.com A Mariña

A Vicepresidencia da Deputación colabora cun encontro sobre o cabalo e a conservación do medio natural organizado en Mondoñedo o 16 e 17 de outubro

Lugo, 13 de outubro de 2023. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organización da VIII Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que se celebrará o 16 e 17 de outubro no Pazo de Santomé, en Mondoñedo.

A área de Medio Rural apoia economícamente o desenvolvemento deste encontro, no que se analizará a contribución da gandeiría cabalar á conservación do medio natural, a través da experiencia de gandeiras e gandeiros do interior da Mariña Lucense e de persoal técnico e investigador, deténdose na situación e perspectivas do cabalo de pura raza galega, a relación da gandeira cabalar con predadores, a experiencia de comunidades de montes veciñais no manexo desta gandeiría ou iniciativas de promoción como a da Feira do Poldro de Muras.

O deputado de Medio Rural Daniel García valorou a “a oportunidade de formación e intercambio de coñecementos entre gandeiros e gandeiras que supón este encontro da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que incide nun aspecto que consideramos fundamental como é a contribucion da gandeiría á conservación do medio natural e polo tanto do territorio e das paisaxes” e destacou a planificación da xornada nos días previos ás San Lucas, que coa súa tradición secular dan testemuña da importancia económica, social e cultural que a gandeiría cabalar ten nos concellos interiores da Mariña”.

Luns, 16 de outubro

9:30 Recepción de asistentes e entrega de documentación.
10:00 Inauguración da VIII Reunión de Outono da SGPF.
10:30 Patoloxías máis comúns do gando cabalar en Galicia e medidas de prevención. Herminio Pose Nieto. Veterinario (SERVETEQ).
11:00 Situación actual e perspectivas de futuro do cabalo de pura raza galega. Isabel Casariego Vierna (Técnica de PURAGA).
11:30 Debate sobre os temas tratados.
12:00 Pausa para café. 12:30 As bestas e o seu manexo na Gandería “XAN das BOUZAS”. Alba Recalde López (Gandeira) Curros-Mondoñedo.
12:50 As bestas: o gando pioneiro na recuperación de terras con dificultades especiais. Alejandro Salvatierra Fernández (Gandeiro) Neipín- A Pontenova.
13:10 Experiencias con gando equino no control efectivo da matogueira. Santiago Crecente Campo (Investigador CIAM-AGACAL).
13:30 Debate sobre os temas tratados.
14:00 Xantar e intercambio de impresións (Catering “Chao da Brea”).
16:15 Saída para a visita guiada á granxa de cabalo do monte de SAMORDÁS (Galgao-Abadín) Guiada por María Rivas Seivane e Cristina Ares Rivas (Gandeiras).
18:15 Fin da primeira xornada.

Martes, 17 de outubro

10:30 O manexo colectivo do cabalar no MVMC “Buio e Lerín” de Boimente (Viveiro). Antonio Yáñez Rúa (Presidente da Comunidade de Boimente).
10:50 “A FEIRA DO POLDRO” e a importancia do gando cabalar no Concello de Muras. Manuel Requeijo Arnejo (Alcalde de Muras).
11:10 A xestión multifuncional e diversicada produción forestal no MVMC de Carballo (Friol). Xosé Manuel Iglesias Espiño (Asesor e Técnico Forestal CMVMC de Carballo).
11:30 Debate sobre os temas tratados
12:00 Pausa para café.
12:30 Lobo, Cabalos e Monte, estado da cuestión. José Vicente López Bao (Investigador do CSIC en Asturias)
13:00 A influencia dos predadores para a conservación do gando cabalar na Comunidade de Montes de Frexulfe (Valadouro). Esteban Prieto Ferreiro (Presidente do MVMC de Frexulfe).
13:20 Debate sobre os temas tratados.
13:45 Clausura da VIII Reunión de Outono da SGPF. 14:00 Xantar e cambio de impresións (Catering Chao da Brea).
16:00 Saída para visitar a concentración e inicio da baixada da “grea” de “Xan das Bouzas” dende o Alto do Fiouco, contemplar a entrada na praza da Catedral e rúas de Mondoñedo das diferentes greas que baixan á cidade. “Grea” (Manada ou grupo de cabalos do monte).

Exit mobile version