Site icon Crónica3.com A Mariña

Extinguido o incendio de Trabada

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello de Trabada está extinguido desde as 20,50 h. deste domingo. O lume iniciábase o pasado xoves e afectou unha superficie de 2.326 hectáreas, a maior parte delas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en conxunto, 8 técnicos, 72 axentes, 114 brigadas, 78 motobombas, 3 pas, 1 tractor, 4 unidades técnicas de apoio, 6 avións e 3 helicópteros. Instalouse, así mesmo, un Posto de Mando Avanzado para coordinar as tarefas de extinción.

Exit mobile version