Site icon Crónica3.com A Mariña

Airiños da Freba actúan este sábado en Burela

Trátase dun sexteto de música tradicional con máis dunha década de historia e cun repertorio orixinal, baseado en recollidas propias e investigacións, co fin de aportar frescura a quen o escoita, pero tamén transmitir a sensación de que aínda queda moito por descubrir do noso inmenso patrimonio musical. A cita é na Casa da Cultura ás 19h. A taquilla abrirá unha hora antes, o prezo será de 4 euros e para todos os públicos.

Exit mobile version