Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado do Máster Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible da USC chega a Viveiro para crear novas oportunidades

Viveiro, 5 de outubro, 2023. Alumnado do Máster Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible da USC chega a Viveiro para crear novas oportunidades

Na tarde do venres chegará o alumnado do MERYCSE a Viveiro para realizar o proxecto Comunidades de Impacto promovido por Prato_DO

Aloxaranse e traballarán no Hotel Resort Las Sirenas e serán recibidos ás 17h pola organización e tamén pola representación das entidades patrocinadoras.

Ao acto asistirán, Luis Madrid deseñador da metodoloxia de traballo que seguirá o alumnado, Lucas Requejo director da entidade promotora Prato_DO, José Antón Rodríguez Añón coordinador do Máster e represente da USC Campus Terra, a alcaldesa do Concello de Viveiro María Loureiro, o cronista oficial de Viveiro Carlos Nuevo e unha pequena representación das empresas participantes no proxecto, como son Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, Casa Chao, López Pigueiras S.A., Puerto de Celeiro S.A. ou Aspanane.

Exit mobile version