Site icon Crónica3.com A Mariña

Arrinca en Cervo unha nova edición do obradoiro de teatro Pimpim

Desde o Concello de Cervo levan moitos anos apostando polo teatro para as crianzas, como ferramenta pedagóxica para o seu desenvolvemento integral nesta etapa na que comeza a construír a súa propia personalidade. O teatro é unha disciplina moi completa que lles axuda a socializar, mellora a súa concentración, e tamén potencia as súas habilidades comunicativas e a súa autoestima; entre outros moitos beneficios. Está dirixido ás crianzas de entre 6 e 12 anos. Será na Casa da Cultura martes e xoves, de 18:00 a 19:00 horas, a partir de novembro. Inscricións na Casa da Cultura.

Exit mobile version