Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o martes desenvólvese nas inmediacións da praza de abastos de Ribadeo o tradicional Mercado das Flores

Moitas son as persoas que se achegan a algún dos postos dos produtores locais, que alí se atoparán instalados, para mercar as flores e os centros para Todos os Santos e Defuntos coas que despois adornarán os panteóns e os nichos dos seus seres queridos. O Mercado das Flores está aberto entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Exit mobile version