Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acolle a partir do venres o ciclo de obradoiros ‘Ciencia á feira’

Os obradoiros terán lugar ata xuño do ano 2024, co obxectivo de achegar temas de interese científico ás feiras de vilas da provincia

Burela, 18 de outubro de 2023. A Casa da Xuventude do Concello de Burela albergará, dende este venres 20 de outubro, o ciclo de obradoiros ‘Ciencia á feira’, que teñen como obxectivo achegar temas de interese científico á sociedade.

Os obradoiros que se van a desenvolver no ciclo serán os de ‘Enfermidades transmitidas por carrachas’ entre outubro e decembro, ‘Xestión sustentable da auga’ entre xaneiro e marzo, e ‘Propagación vexetal e as súas implicacións’ entre abril e xuño.

A primeira sesión, como parte do obradoiro de ‘Enfermidades transmitidas por carrachas’, terá lugar ás 12:00 do venres 20 de outubro. Cada sesión comporase dunha charla de 30 minutos e dun obradoiro de hora e media de duración.

As actividades realizaranse coincidindo coa feira municipal, que ten lugar os venres, e se instalará un posto no mercado de Burela onde se informará e repartirá material didáctico sobre o tema. ‘Ciencia á feira’ está dirixida tanto ao alumnado dos institutos como á cidadanía en xeral.

Exit mobile version