Site icon Crónica3.com A Mariña

CD Burela FS e SD Burela intercambian camisetas

As dúas entidades deportivas do concello mariñán renovan a sua colaboración para esta tempada 23/24 e como detalle especial o CD Burela FS viste de verde a súa terceira equipación e a SD Burela de laranxa

Burela, 30 de outubro, 2023. O club de fútbol SD Burela e o club de fútbol sala CD Burela FS renovan o seu acordo de colaboración para esta tempada 2023/2024, co fin de promocionar o deporte na comarca, tanto a súa práctica coma a súa implicación social. Esta colaboración, que deu comezo na tempada pasada, continúa coas mesmas bases, consistentes en que as nenas e nenos de entre 0 e 17 anos (toda a base), que formen parte dalgún equipo de estes dous clubs, poderán acudir de forma gratuíta aos partidos de sendas entidades. Para ello so terán que presentar na entrada do partido ao que asistan, a licencia de xogador do club ao que pertencen.

Con esta colaboración os dous clubs burelaos esperan animar tanto á xuventude coma ás familias a participar activamente do deporte da comarca e, máis concretamente, motivar á población a colaborar en actividades que promovan tanto o deporte en sí mesmo, coma a cooperación e o fomento da boa convivencia, a educación, a saúde e o crecemento social e cultural no pobo.

Para mostrar a súa boa relación e ganas de impulsar a educación no deporte tanto dos/as máis pequenos/as coma xoves e adultos, os dous clubs elexiron como cor da súa terceira equipación a cor corporativa do colaborador. É así que a terceira equipación do SD Burela é de cor laranxa, sendo verde a primeira e negra a segunda, e a terceira equipación do conxunto laranxa é de cor verde, sendo negra a segunda.

A presentación da renovación do acordo fíxose, este ano, no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela, sede dos encontros do CD Burela FS, con Jairo Campo e Manuel Blanco, presidentes da SD Burela e CD Burela FS respectivamente.

Exit mobile version