Site icon Crónica3.com A Mariña

Coloquio na libraría Bahía de Foz

O venres, 27 de outubro, estará na Libraría Bahía, ás 20:30h. Celia Recarey quen ademais de tradutora, é editora de Irmás Cartoné quen publica traducións ao galego de novelas de distintas tradicións literarias e de distintas épocas. As súas traducións son exquisitas así como a propia edición das mesmas. Conta entre as súas autoras con nomes como Virginia Wolf, Silvia Plath ou Margaret Atwood. Falarase con Celia sobre a vida dunha pequena editorial, a tradución literaria nos tempos da intelixencia artificial, a selección de títulos a editar, e moitos outros temas ben interesantes para calquera que ame a literatura.

Exit mobile version