Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso de cultivo e recolección de cogumelos en Alfoz

Alfoz, 25 de outubro. O curso lévase a cabo a través da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que xestiona a Deputación Provincial de Lugo, coa colaboración do GDR Terras de Miranda e o Concello de Alfoz.

Estes cursos ofrécense de forma totalmente gratuíta co fin de ofrecer unha oferta lúdica e formativa e promover os valores naturais e medioambientais da Reserva da Biosfera.

Será en Alfoz (Lugar Escola Chao de Pereiro). Horario: de 16:00h a 21:00 h. Días: do 6 ao 10 de novembro. Inscrición: terrasmiranda@gmail.com ou no teléfono: 982507111

Exit mobile version