Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado celébrase o o XII Encontro de Palilleiras de Xove

Xove, 3 de outubro de 2.023. O sábado, 7 de outubro, terá lugar no Concello de Xove o XII Encontro de Palilleiras.

Con ánimo de que sexa unha demostración do encaixe de bolillos, invítase a todas as asociacións de palilleiras e vendedores artesanais a que acudan ese día. A día de hoxe hai algo máis de 350 palilleiras inscritas (procedentes das 4 provincias galegas, Asturias e León) e uns 25 vendedores anotados.

O Encontro, que se vai desenvolver no Pavillón de Deportes, comezará ás 10:30 h. coa recepción de todas as palilleiras.

O horario de apertura ao público vai ser de 10:30 a 13:00 h e de 16:30 a 19:00 h. A entrada, como sempre, seár libre e gratuíta.

A organización corre a cargo da Concellería de Servizos Sociais a través do Departamento de Muller e Igualdade, coa colaboración da Asociación Saiñas. O grupo de gaitas da Asociación será o encargado de amenizar o Encontro.

Exit mobile version