Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de semana de Shopping Weekend no Centro Comercial Histórico de Viveiro

Viveiro, 31 de outubro, 2023. O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha dende este xoves dia 2 ó sábado 4 a campaña Shopping Weekend, 3 dias de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 45 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, estancos e salóns de peiteado.

Os locais participantes son:

Biá-Biá
Óptica Rosario
Mimimó Moda Infantil
La Óptica Viveiro
Cocolatte
Óptica Casariego
Fontana Moda
Lencería Canela
Cobelinha
Nacar
Miss-tic
Irimia Paquetería
Sanjurjo Moda
Paquetería Mónica
Jonathans
Paquetería Nuria
Confecciones Justo Vázquez
Tejiendo Sueños
Complementos Sulian
Joyería Paleo
Raquel Seijido
Kalea Platería
Baamonde Style
BMD
Oscar Rodríguez Joyeros
Van Surf Sneakers
Platax
Van Surf Shop
Peluquería Richard XFavor
Oxígeno Surf
Peluquería Raquel González
Deportes Don Balón
MasLife Móvil
Calzados Vogue
Moviltom
Dr. Zapato
Muebles Iglesias
Tacones
Kandela Iluminación
Calzados Albo
Cerámica Regal
Albo Zapaterías
Juguetería Santiago
Albo 55 Sneakers
Dr. Panush
Estanco Casanova

Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.

Tratase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes tres días.

Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais abertos de Galicia.

Exit mobile version