Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves remata a campaña ‘Mercar no teu comercio ten premio’ en Lourenzá co sorteo de 1000€ en tarxetas prepago

Lourenzá, 26 de outubro, 2023. Mercar no comercio de Lourenzá ata o xoves, 26 de outubro, ten premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros para seguir mercando no comercio da localidade.

A Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL Lourenzá), poñen en marcha a campaña de dinamización “Mercar no teu comercio ten premio”.

Así, todos os clientes de Lourenzá que realicen compras por importe mínimo de 10 euros no comercio asociado de proximidade entre o 19 e o 26 de outubro, poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios. Este sorteo terá lugar o xoves, 26 de outubro, ás 19.00 horas, na Praza Conde Santo. Previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 16.00 horas nesta mesma praza.

Dende esa hora, todos os clientes poderán ademáis optar a un agasallo directo participando na Ruleta da Fortuna da Federación de Comercio. A partir das 18.00 horas haberá tamén animación infantil.

A campaña “Mercar no teu comercio ten premio”, busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade celebrarase nun total de 9 localidades da provincia.

Exit mobile version