Site icon Crónica3.com A Mariña

José Sambade, adestrador de Unai Simón, De Gea ou Kepa, formará a porteiros en Burela

Burela, 21 de outubro de 2023. O prestixioso adestrador de porteiros José Sambade, con experiencia en diferentes equipos e na selección española, acaba de abrir en Burela unha sede da súa academia de tecnificación, coa que forma a 150 mozos por toda España.

Tras chegar a un acordo co presidente da SD Burela, Jairo Campo, contará coa colaboración de Santi Expósito e Kiko Mariño para os adestramentos. A academia xa conta en Burela con más de 10 alumnos.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, estivo onte con eles en A Marosa e amosouse “encantada con esta oportunidade para os nosos mozos que queiran ser porteiros”.

“A Sambade Goalkeeper Academy representa voltar a onde comecei, a formación dos máis novos, o cal faime moita ilusión”, explica Sambade.

Está previsto tamén a realización de campus durante o verán en A Marosa. “A SD Burela abriunos as portas e estamos encantados”, remata Sambade.

Exit mobile version