Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro venres a presentación dun libro do xeólogo e ensaísta asturiano, Jaime Izquierdo Vallina, titulado ‘De función pública, ¿cómo va el mundo?’, ilustrado polo artista mariñán Xosé Blanco e editado por Krk Ediciones

Nesta obra, unha recompilación de artigos publicados polo autor en distintos medios de prensa ao longo dos últimos anos, abórdase a situación de abandono que sofre o medio rural, patrimonio natural e cultural imprescindible para garantir o futuro da nosa sociedade. Desde unha perspectiva, tanto científica coma humanista, o autor ofrece as claves que permiten comprender este fenómeno e as posibles solucións. A actividade, na que intervirán o autor do libro, Jaime Izquierdo, máis o ilustrador Xosé Blanco terá lugar no Pazo de Santomé (Mondoñedo) ás 19:30 horas do día 6 de outubro.

Exit mobile version