Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela trae de Ceuta tres puntiños de ouro (0-1)

O conxunto mariñano vence ao U.A. Ceutí no seu territorio sumando tres puntos nun encontro moi complicado e escalando na clasificación

Burela, 28 de outubro, 2023. Esta tarde ás 18.15h no Pavillón Guillermo Molina de Ceuta celebrouse o encontro da 6ª xornada de Segunda División de Futsal, Unión África Ceutí – Pescados Rubén Burela FS, un encontro que se prevía moi complicado e que non defraudou. Aínda que cumpriu as espectativas os Pícaros souberon manter o ritmo do encontro e, cun só tanto de Álex García e mantendo unha defensa moi firme cun Michal Kaluza imbatible, lograron sumar nunha xornada sen o amparo da bombonera e ante un rival que ocupaba a 5ª posición na táboa con dúas vitorias, un empate e unha soa derrota. Tres puntos que levan, tras un partido moi competido, moi igualado e con bastantes boas ocasións dos de David Rial, aínda que tamén grazas a un muro que protexeu a portería dos burelenses sobre todo ao final do encontro.

Na primeira parte comeza presionando os primeiros minutos o conxunto local pero sen tiros a porta por parte dos dous equipos. No minuto 4 Kaluza salva unha ocasión sacando o balón fóra tras un tiro desde a banda e segundos despois Lucho case logra o primeiro tanto en tres ocasións seguidas que un tamén moi destacado Germán logra defender. Tras sucesivas ocasións por parte de ambos equipos chega o descanso non sen unha oportunidade clarísima de Alberto que tras un pase de Lucho e só ante o porteiro tiraa fóra no último minuto da primeira metade.

Na segunda parte volve Alberto a tentalo no minuto 21 e Chano frústrase só ante Kaluza non logrando sobrepasar ao porteiro polaco no minuto 23. No minuto 29 chega o tanto do partido cun golazo de Álex García dun disparo frontal desde fóra da área que lle vén dun saque de banda. A partir de entón o Ceuta aperta con máis intensidade pero a pesar das numerosas ocasións a defensa do Burela mantense e Michal lócese ata o final do partido. A pesar dunha perigosa falta indirecta, a presión do porteiro-xogador con Víctor Arévalo do equipo ceutí e outra falta peligrosísima que se repite no minuto 39 pero que en ningunha das dúas ocasións logra traspasar a portería laranxa. O encontro remata cun importantísimo 0-1 para os mariñáns que, tras un comezo de tempada algo atropelado, comezan a mostrar o seu carácter e bo entendemento na pista con 4 vitorias acumuladas en 6 encontros desde o comezo da mesma.

Tras a longa e compricada viaxe a Ceuta, o mércores día 1 de novembro xogarán o seu primeiro partido da XXXII Copa Galicia, correspondente á 4ª eliminatoria, ante o Stellae FS – Valga ás 19.30h no Pavillón Beiro – Valga.

Ficha Técnica Unión África Ceutí 0 – 1 Pescados Rubén Burela FS

Unión África Ceutí (0): Germán Román; Víctor Arévalo, Nacho, Anuar, Chano -quinteto inicial-, Dela, Dani Fernández, S. Barona, Cristian Rubio, Abraham, R. Vargas, Álex García, Rafa López (P).

Pescados Rubén Burela FS (1): Kaluza; Quelle, Isma, Alberto,Malaguti -quinteto inicial-, Lucho, Nico Rosental, Flethes, Álex García, Charly, Ismael, Mika (P)

Goles: 0-1, min. 29: Álex García.

Árbitros: Diego Corredor Corredor, Rafael Olmos Sáez, Kamal Mohamed Daoudi, Álvaro de Jesús Fernández Pérez.

TA: Víctor Arévalo, Dani Fernández, Álex García (Equipo Local); Lucho, Charly, Malaguti (Equipo Visitante)

Exit mobile version