Site icon Crónica3.com A Mariña

O Teatro Pastor Díaz acolle este xoves un concerto dedicado a Martín Codax polo Día das Artes Galegas

Viveiro, 31 de outubro de 2023. O Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro albergará un concerto polo Día das Artes Galegas 2023 dedicado ao autor medieval galego Martín Codax. Esta homenaxe está organizada pola Real Academia Galega das Artes.
O concerto comezará ás 20:00 deste xoves, día 2 de novembro, e a entrada será libre ata completar capacidade. A música estará a cargo da soprano Beatriz Riobó e do pianista Alejo Amoedo.

Os artistas interpretarán as “Cantigas de Martín Codax” na versión de Margarita Viso, “Soedades” de Marcial do Adalid a partir dun texto popular, “As lixeiras anduriñas” de Juan Montes con texto de Salvador Golpe, “Cantiga” de José Castro Chané con texto de Curros Enríquez, e “Mayo longo” de José Baldomir con texto de Rosalía de Castro.
O acto, así mesmo, contará coa introdución “Martín Codax, a identidade da música galega” a cargo do Académico de número da Real Academia Galega de Belas Artes Juan Durán.

O recital, que continuará a celebrarse por diferentes vilas galegas, é o duodécimo adicado á obra de Martín Codax, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2023. Codax é primeiro autor galego do que hoxe entendemos por música galega, tanto da popular como da culta, do que se conserva texto e música.

Na entrada do teatro serán expostos paneis explicativos sobre o Pergamiño Vindel, as cantigas e os compositores do rexurdimento, que servirán de apoio para comprender a importancia do autor homenaxeado na música popular galega.

Exit mobile version