Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acolle a vindeira semana a Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste

Ribadeo, 27 de outubro, 2023. As federacións de confrarías de pescadores do cantábrico teñen unha cita a próxima semana en Ribadeo, que acollerá unha nova edición da “Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, na que representantes dos pósitos galegos, asturianos, cántabros e vascos volverán abordar diferentes temas de interese común para as confradías de pescadores do Cantábrico-Noroeste.

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta nova cita, que se celebra no Parador de Ribadeo o luns 30 e martes 31 de outubro, para reflexionar sobre temas de interese das frotas artesanais, analizar a súa situación actual e os principais retos de futuro.

Durante a tarde do lunes os representantes das federacións de confrarías manterán unha Xornada Técnica onde se fará unha revisión das conclusións da última Interfederativa, que se celebrou en Burela hai un ano, e abordaranse as principais preocupacións do sector.

O Congreso pecharase na mañá do martes con unha xornada de traballo conxunta entre representantes das confrarías e das administracións pesqueiras de España e das comunidades autónomas do cantábrico. Como é habitual, nesta reunión o sector exporá ás administracións as principais conclusións derivadas do traballo do día anterior.

Exit mobile version