Site icon Crónica3.com A Mariña

Tomé asiste á toma de posesión da nova Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco

Lugo, 11 de outubro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este mércores pola tarde á toma de posesión de Marta Rouco como nova Alcaldesa de Vilalba, celebrada no Salón de Plenos da Casa Consistorial da capital chairega.

O mandatario provincial trasladoulle sorte a Rouco na súa nova etapa, ao tempo que se amosou convencido de que Marta Rouco “seguirá prestando co seu equipo o mellor servizo posible aos seus veciños e veciñas, tanto da vila, como do rural”.

Así mesmo, José Tomé expresou o seu compromiso de seguir mantendo unha estreita e fluída colaboración entre a Deputación de Lugo e o Concello para impulsar medidas que contribúan a ofrecer máis e mellores servizos aos vilalbeses. A Deputación de Lugo inxectou preto de 5M€ en Vilalba desde o ano 2019 para mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas en colaboración co Concello. A maior parte dos recursos da institución provincial para a capital da Terra Chá foron destinados á mellora e dotación de infraestruturas, á renovación das estradas locais e provinciais, ao fomento do emprego, á promoción turística e ás actividades culturais e deportivas.

Exit mobile version