Site icon Crónica3.com A Mariña

Un operario perdeu a vida este luns en Cospeito traer caer desde un andamio

O accidente produciuse en Vilouriz, lugar do concello de Cospeito, ao fío das 13:00 horas da tarde. Nese momento, informábase ao 112 Galicia dun accidente laboral. Nada máis ter constancia do suceso, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos axentes da Garda Civil de Lugo. Xa no punto, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, malia os esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida ao varón. O finado, Manuel Lamas, era delegado do Racing Vilalbés e pai do actual adestrador do equipo chairego.

Exit mobile version