Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha colisión na A-8 entre dous vehículos, un deles en dirección contraria, deixa dúas persoas feridas en Barreiros

Barreiros, 10 Outubro, 2023. Un dos alertadores que contactou co 112 Galicia indicou que un dos vehículos circulaba en dirección contraria.

Pasaban as 17:30 horas cando os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tivo constancia dos feitos, que aconteceron á altura da saída de Barreiros da A-8 (quilómetro 523) e en sentido Asturias.

De inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da autovía. Ao mesmo tempo, informouse aos Bombeiros e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros.

Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias comunicaban que os condutores de ambos vehículos resultaron feridos.

Exit mobile version