Site icon Crónica3.com A Mariña

Vitoria en Navalcarnero e liderado

Un tanto de Irene Samper a segundos do final dálle o triunfo a un conxunto laranxa que dispuxo de máis ocasións que o Futsi en La Estación

Burela, 21 de outubro, 2023. O conxunto feminino do Pescados Rubén Burela levou o Clásico da Estación e a súa vitoria diante do Futsi (2-1) coloca ás de Julio Delgado líderesas da Primeira Iberdrola FS ao aproveitar a derrota do Arriva Alcorcón na cancha do Poio Pescamar.

O duelo entre madrileñas e mariñás foi igualado na primeira metade, pero as visitantes dispuxeron de máis ocasións diante do marco dunha Marta Balbuena que se tivo que multiplicar ante as acometidas burelenses. As dúas porteiras foron as grandes protagonistas do encontro. Nos primeiros segundos era Dany a que probaba á meta de Navalcarnero nun lanzamento desde a frontal, pero respondía ben esta rexeitando o intento da hispano-brasileira. Tería que volver intervir superado o primeiro minuto nun dous contra un de Dany e Cami, no que Marta Balbuena realizaba unha gran parada diante a peche das ‘laranxas’.

Despois dese primeiro minuto de frenesí burelés, o partido acougábase e ata o minuto 9 non volverían contarse ocasións de perigo. Nesta ocasión era Emilly a que remataba desde moi lonxe por encima da trave. Tres minutos máis tarde chegaba a primeira gran ocasión das locais, por mediación de Laura Córdoba, pero Caridad respondía cun gran pé. Na acción posterior, Noelia Montoro finalizaba unha contra e volvía aparecer Marta Balbuena. O marcador non se movería antes do descanso, cun último intento de Irene Samper nunha acción individual que volvía ter o mesmo guion final, unha gran intervención de Marta Balbuena.

O Pescados Rubén Burela desequilibraba o partido aos tres minutos da continuación nunha xogada de estratexia que sacaba Cilene e resolvía no segundo pau Dany. Co 0-1 no electrónico mantívose a igualdade ata que a pouco máis de cinco minutos da conclusión probábano as branquivermellas con María Sanz de porteira-xogadora.

O traballo acumulábaselle a Caridad, pero a de Sanlúcar de Barrameda conseguía deter todos os intentos do Futsi ata que se entraba nun último minuto frenético. Laura Córdoba igualaba a uns 40 segundos do final cunha boa xogada de cinco, pero a pesar de que restaban moi poucos segundos, as burelistas terían tempo a buscar o segundo tanto e os tres puntos. Primeiro probaríao Emilly cun lanzamento afastado que tocaba o xusto Marta Balbuena e o balón pegaba na cruceta. Tras o córner, o Pescados Rubén Burela elaboraba unha gran xogada e Irene Samper remataba a gol no corazón da área tras unha parede con Dany.

Ficha Técnica Futsi Atlético Navalcarnero 1-2 Pescados Rubén Burela FS

Futsi Atlético Navalcarnero (1): Caridad; Dany, Cami, Irene Samper, Rafinha -quinteto inicial-, Emilly, Noelia Montoro, Patricia, Cilene, Antía e Jenny.

Pescados Rubén Burela FS (2): Marta Balbuena; Laura Córdoba, María Sanz, Irene Córdoba, Rapha Martins -quinteto inicial-, Leti, Becha, Luchi e María Moreno.

Goles: 0-1, min. 23: Dany. 1-1, min. 40: Laura Córdoba. 1-2, min. 40: Irene Samper.

Árbitros: Héctor Mayo e Carlos Panadero (Madrid). Amonestaron á local Luchi e ás visitantes Cami e Emilly.

Inicidencias: Encontro da 6ª xornada da Primeira Fútbol Sala Iberdrola celebrado no pavillón de La Estación, en Navalcarnero. Gardouse un minuto de silencio pola morte de Álvaro Prieto, futbolista xuvenil do Córdoba CF.

Exit mobile version