Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería de Medio Rural programa reunións en todas e cada unha das parroquias de Viveiro

Viveiro, 16 de novembro, 2023. A concellería de Medio Rural vén de planificar reunións semanais ao longo dos seguintes meses en todas as parroquias que conforman o noso concello. A nacionalista e tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez, xunto co concelleiro de Medio Rural, Ramón Martínez Castro, acudirán a entre os meses de novembro e xaneiro cubrindo todas as parroquias de Viveiro.

Para este mes de novembro, o luns 20 terá lugar a reunión na escola antiga de Boimente, o mércores 22 na de Chavín, luns 27 na de Valcarría e o mércores 29 na de Magazos, en todos os casos ás 19:30h.

En decembro, a previsión é:
luns 11 en Xunqueira (antiga escola)
mércores 13 en Faro (antiga escola)
luns 18 en Galdo (antiga escola)
mércores 20 en San Pedro (antiga escola)

E en xaneiro:
luns 8 en Landrove (antiga escola)
mércores 10 en Vieiro (antiga escola)
luns 15 en Celeiro (Casa do Forno)
mércores 17 en Covas (Centro social)
luns 22 en Viveiro (Salón multiusos)

Será esta unha forma de demostrar a importancia que ten para nós, o BNG, o Medio Rural e converter as parroquias do rural nunha alternativa de vida e de calidade para a súa veciñanza, contribuíndo a reverter a situación de envellecemento e despoboamento que ameaza o futuro das parroquias rurais do concello.

Así pois, facemos un chamamento a toda a veciñanza para que acuda ás mesmas coa finalidade de compartir connosco as súas inquedanzas e intereses e poder mellorar así o noso concello pouco a pouco.

Exit mobile version