Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta aspira a ser un referente en xeración renovable e no desenvolvemento de proxectos industriais vinculados a novos vectores enerxéticos

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na X Noite da Enerxía que se celebrou hoxe en Lugo

Lugo, 10 de novembro de 2023. A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou hoxe en Lugo na X Noite da Enerxía organizada pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia e polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

Na súa intervención, a conselleira trasladou a aposta da Xunta por impulsar as enerxías limpas e aproveitar toda a capacidade instalada en Galicia para converter a Comunidade nun referente en xeración renovable e no desenvolvemento de proxectos industriais vinculados a novos vectores enerxéticos como o hidróxeno verde ou os biocombustibles. Nese obxectivo, o Goberno galego contará co marco de actuación que brindará a Lei de recursos naturais.

Lorenzana felicitou aos premiados desta edición e agradeceu tanto á Asociación como ao Colexio Oficial a súa iniciativa para visibilizar a transformación enerxética galega e por divulgar a cultura da eficiencia enerxética.

Exit mobile version