Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela celebra esta fin de semana o seu mercado de Nadal

O sábado día 2, de 11:30 a 13:30 e de 17:30 a 19:30, haberá obradoiros infantís coas monitoras da aula Gaia de educación medioambiental

Burela, 29 de novembro de 2023. O Concello de Burela celebra esta semana, nos días 2 e 3 de decembro, o seu mercado de Nadal, que terá lugar na carpa situada na praza da Mariña.

O horario de funcionamento do mercado será de 11:00 a 20:00 tanto o sábado como o domingo. Ademais, o sábado día 2, de 11:30 a 13:30 e de 17:30 a 19:30, haberá obradoiros infantís coas monitoras da aula Gaia de educación medioambiental.

A convocatoria para participar no mercado, aberta a principios de mes para asociacións, entidades, artesáns e comerciantes, resultou ser un éxito, e o mercado contará finalmente con 30 postos de todo tipo.

A concelleira de Comercio de Proximidade de Burela e responsable da aula Gaia, Lina Gómez Pardo, anima a veciñanza a acudir ao mercado “para seguir dinamizando o comercio local nestas datas sinaladas, algo fundamental para o crecemento económico na nosa vila”.

Exit mobile version