Site icon Crónica3.com A Mariña

Inés López Couto: “O señor castiñeira comezou a campaña electoral para a Xunta, pero vai sempre un paso por detrás do Concello de Foz”

Foz, 10 de novembro de 2023. “É inaudito que o señor Castiñeira lle queira lavar a cara á Xunta de Galicia deste xeito de cara á unhas próximas eleccións autonómicas, cubríndoa no caso da EDAR de Foz”, explica a portavoz do PSdG-PSOE de Foz, Inés López Couto, que engade: “van máis de 6 anos de retraso na tramitación por parte de Augas de Galicia, tendo o Concello xa desde marzo á súa disposición os terreos expropiados”.

Inés López manifesta tamén que “a conselleira Ethel Vázquez anunciou que as obras comezarían en decembro de 2022 a bombo e platillo e estamos case en decembro do 2023 e as obras seguen sen iniciarse e o señor Castiñeira pretende botarlle a culpa ao Concello de Foz. É máis, se seguimos a falar de retrasos nas tramitacións, noutro departamento de Augas de Galicia, máis de 4 anos de retraso na legalización da captación de Cordido e din que hai dificultades técnicas, cando simplemente se necesita unha autorización para unha captación que a propia Augas de Galicia ten recoñecida. Agora acórdase dos veciños de Cordido, cando llo pide á Xunta de Galicia porque veñen unhas elección autonómicas, despois de aprobar o PXOM con conciencia de que non poderían construír sen esa legalización que non obtivo previamente”.

López Couto engade: “o señor Castiñeira, aparte de sacar a foto, non sabemos se pretende enganarnos a todos ou rirse de nós facendo un paripé despois de saber que tivemos varias reunións coa Xunta. Pedimos un pouco de respecto institucional e apoio e deixar de poñer paus nas rodas ao traballo municipal, do equipo de goberno, dos técnicos municipais e de empresas contratadas para traballar niso”.

Ademais a voceira municipal socialista comenta: “non sabemos se lle molesta que o Concello pida que se lle deixe un edificio que serviría para usos municipais ou se prefire que se tire, co custo que conleva. Sabemos que non está acostumado a pedir o máximo para Foz, que sempre se quedou en mínimos e que isos mínimos acabaron en furados na Avenida da Mariña”.

Exit mobile version